Parece claro que a finais do século XIX, a prensa escrita e os medios de comunicación comezaron a ser claves na conformación da conciencia colectiva dos cidadáns dos paises democráticos, a prensa xogaba daquela un papel non só liberador, senon tamén crítico co poder. Dende un punto de vista etico, o código deontolóxico dunha profesión, é facer o que se debe sen tratar de manipular ou cando menos, desinformar.
Premios como o Pulitzer, grandes casos como o Watergate ou xa máis antigamente o "Eu acuso" de Emile Zola a tenor do caso Dreyfuss en Francia, son exemplos de que o periodismo, agora xa non o cuarto poder, senon case o primeiro, tivo sempre unha raiz de informar para contrastar as informacións dos Estados. E se iso ía en contra destes últimos, a valentía dos periodistas sempre tivo o premio do recoñecemento dunha sociedade agradecida por ter fontes alternativas que clarificasen a realidade duns feitos que os gobernos se negaban a recoñecer moitas veces.
Pero se traducimos esta reflexión á escea local, podemos comprobar que por desgracia, son poucas as alternativas que teñen os cidadáns para informarse do que acontece nos seus concellos, como é o caso de Porriño ou Mos.
Onda Cero, A Peneira, Faro de Vigo ou Atlántico, son os catro medios tradicionais de información dos que dispoñemos, xa que La Voz de Galicia apenas informa do que acontece no Porriño ou en Mos, así como algún que outro medio dixital como blogs e páxinas web ou outra prensa comercial.
Tendo en conta que a primeira é unha radio e que a segunda é quincenal (inda que o seu blog é o medio máis rapido de información constante), é a prensa diaria escrita a que teóricamente ten maior influencia na opinión das persoas. Dado que o Atlántico Diario ten menos implantación, nos queda o Faro de Vigo como medio digamos, máis impactante. Algo que non sería importante se o su papel non fose tan claramente parcial como o está a ser na actualidade.
Non se trata de minusvalorar o espazo que os gobernos teñen nos medios, ou deben ter. Son goberno, e polo tanto, xeneran novas importantes para a cidadanía, pero o tratamento da información debe ser o máis obxectiva posible para non desinformar.
Cando só aparecen notas do goberno e se lastra e mutila a información que a oposición, cando non é directamente marxinada, poñemos en tela de xuizo as normas de xogo democráticas, porque é evidente para a opinión pública informada, que segue outros medios, que as notas de prensa do Faro de Vigo estan a ser descaradamente parciais para co novo goberno.
Quizáis teña que ver este aspecto co que me contan de que unha empresa de comunicación vinculada ó periodista do Faro de Vigo, está a levar os gabinetes de prensa dos Concellos de Porriño e Mos, o que fai que a información da oposición pase polo filtro da censura dos gabinetes de prensa.
¿Ten esta práctica algún tipo de xustificación ética? Parece claro que non, senon que se trata dunha burda estratexia de desinformación e manipulación informativa, ademáis de un alto coste para os concellos de Porriño e Mos. ¿A canto ascenden eses gastos? ¿Ou é que xa os altos custes que ten o goberno local de Porriño e mos en soldos de concelleiros e asesores non lles da para ter un gabinete de prensa propio?
Ven farían as oposicións destos concellos en denunciar esta práctica que os está a cercenar e mesmo a trastocar nas súas aparicións públicas destrozando e sacando de contexto as súas informacións para poñelas no que non é, ou recortar pavorosamente os argumentos máis críticos contra os gobernos locais. Só fai falta ver cómo se coartan as notas de prensa dos partidos da oposición para darse conta da crecente ofensiva mediatica contra eles.
Do contrario, nos seguiremos atopando ante un gran Hermando informativo que non vai deixar contemplar claramente as xestións locais evitando que os cidadáns teñan información certera para poder críticamente, analizar o que pasa e poder obrar en consecuencia.
0 comentarios:
Publicar un comentario