O Real Club Celta de Vigo, o celtiña, comeza hoxe mesmo a fase de ascenso á Primera División ou Liga BBVA, chámenlle coma queiran. O certo é que se espera unha entrada inédita en Balaídos dende que o equipo disputou o ano pasado os cuartos de final da Copa del Rey fronte o Atlético.

Neste blog desexamos que todo vaia ben e que, coa pena de non poder ter máis equipos galegos na Liga BBVA, o Celta sexa o representante do fútbol galego na máxima categoría nacional.

Os asíduos a Balaídos critican a voz viva o pouco apoio por parte da afección. Que somentes se moviliza nos momentos dulces. A verdade que razóns non faltan, moitas veces temos a sensación de que o Celta non chega a ser profeta na súa propia terra, que o estadio somentes ten vida cando veñen a xogar Real Madrid, Barça, Atlético, Valencia ou Athlétic; e que a grada nunca queda muda cando algún deses equipos logra meter un goliño na portería celeste.

Sen embargo, entre os dous extremos nos encontramos a maioría da afección. O Celta reflexa un problema de mentalidade a nivel industrial e político que non resulta, dende o meu punto de vista, aislado.

O fútbol é un negocio, onde se ofrece un espectáculo e, supostamente unha serie de servizos para desfrute do afeccionado. Dese negocio viven os clubes e viven uns profesionais do deporte que, por certo, están demasiado ben pagados. ¿Porqué o afeccionado ten que comportarse coma se fose o único que non mirase polo seu bolsillo?

O fútbol tamén xenera economías máis alá do que ingresa o propio clube, coma pode ser, por exemplo, a hostelería da zona onde se ubique o estadio ou a cadea de valor que relacionada coa venta de camisetas e outros artículos en tendas e grandes almacéns.
Existen moitísimas cousas que se poden facer para implicar máis o fútbol no desenrolo dunha vila ou dunha cidade.

Pero todo debe comenzar polo que lle ofreces o afeccionado propiamente dito. ¿Compensa pagar un abono ou unha entrada para ver a un equipo
nunhas instalacións que literalmente se caen a cachos e que carecen de calqueira tipo de servizos para o afeccionado? ¿Un producto que existe únicamente entre o pitido inicial e o pitido final, sen máis valor que o que aconteza no terreo de xogo? ¿Que filosofía, que idea de clube, alguén pode resolver esta pregunta?

A moitos afeccionados pode ser que si lles compense un abono en Balaídos. Pero estes non lle poder tachar a ninguén de falta de compromiso co celtismo cando o primeiro en deixar tal cuestión de lado son o propio clube e máis as administracións. Se por amor ó arte é, prefiro ir a ver un torneo de xuvenís no pabellón da vila. Ofréceme un producto atractivo, entón pagarei por el, namentres seguirei mirando o Celta na barra dalgún bar.

0 comentarios: