Mariano Rajoy presidente!

 Lunes, 5 de marzo de 2012

 Superando a González en 1982 cuando obtuvo 202 escaños
Mariano Rajoy obtiene el mejor resultado electoral en la historia de España




Tódalas enquisas a un ano vista dos comicios electorais apuntan a unha victoria aplastante do PP, superando mesmo a maioría absoluta obtida por Aznar no ano 2000, na que foi a súa segunda e última lexislatura. Incluso hai sondeos que pronostican unha victoria máis ampla da que conseguira González en 1982, ainda que neste último escenario, Rodríguez Zapatero sería o candidato do PSOE, algo que está por ver.

Enquisa de NC Report para La Razon (28/2/2011)
A portada que encabeza o post é unha invención dun servidor, pero non é o chou, ten sentido nunha sociedade que aguarda a queixarse en 2012, e que non se movilizou, salvo na pasada folga xeral de xeito tímido, non sei se acomodada ou acostumada a sermos do pelotón de cola nos rankings sobre inidcadores económicos, de emprego, educativos ou en de I+D+i a nivel europeo.

Noutros países que non acadaron a democracia revolvéronse contra os seus rexímenes, fartos da súa miseria en lugares que se fosen ben administrados poderían gozar dunha calidade de vida moito mellor. Aquí non podemos falar de miseria, nin de dictaduras, pero para seren unha democrácia os niveles de esixencia son moito maiores, e por iso as medidas improvisadas, sempre reactivas cando estamos no pozo, nunca proactivas cando as cousas van ben, xa provocan fartazgo nunha sociedade que xa alcanza as cotas mais elevadas de paro, con 4.300.000 desempregados.


Mariano Rajoy e a oposición

As noticias e os editoriais están cheos de mencións o Goberno (como é normal) pero compre non esquezer o papel da oposición, se ben nunca é tan protagonista, pero é igualmente importante. ¿De verdade o PP ten algunha idea das medidas que vai a adoptar? De momento non se lle escoitaron. E moi doado falar do paro e decir que el quere que todo o mundo traballe  (non me consta o contrario nas filas socialistas), pero alén das vontades que todos temos, hai que propor un programa de xestión, para iso é o lider dun grupo que ten a bo seguro un bo feixe de asesores.

Non lle escoitei a Rajoy nada sobre medidas máis serias, plans enerxéticos, eficiencia enerxética, políticas de emprego, políticas sociais, eliminar deputacións adelgazar/reestructurar as administracións, pois non se entende que os trámites sexan tan lentos hoxe en día coa informatización, os xulgados estean saturados e cheos de expedientes apilados, a sanidade ano tras ano reduza o tempo de espera, pero cada lexislatura tardamos mais en verlle o pelo ó doctor, ¿alguén mo explica? 

As medidas máis fondas adoptadas polo executivo veñen de Europa, e non son precisamente asépticas, son directrices que veñen cargadas de tintes políticos e non precisamente socialistas. Sen embargo Rajoy tampouco falou ben de éstas, ó mellor se lle preguntan qué faría el, non nos gostaría saber das súas propostas en canto a emprego, políticas sociais, xubilacións... e mira, mellor estou caladiño a ver se en 2012 bato o record electoral, ó chegar a Moncloa digo que os socialistas arruinaron todo coma sempre e sen cartos non hai nada que facer... e así teño uns cantos anos de gracia no goberno, ata que o conto mellore e volva a presentarme en 2016.


As eleccións xerais de 2012

O xeito de protestarmos dos españois ten gracia, porque como o sistema é bipartidista (xa que ningún dos dous grupos maioritarios ten interese en modificalo, porque lles perxudica) parece que a alternativa de A é B e viceversa, e eu non o creo así. Desta volta creo que é unha oportunidade única de facer unha protesta (ó noso xeito), votando nulo, contra estas formas de facer política, de 350 ceporros sentados en cadanseu escano (cando se dignan en visitar o hemiciclo, claro), votando coma Fuenteovejuna, aplaudindo os seus, e apupando os de enfronte, coma se dun espectáculo circense se tratase, ratificando a políticos imputados en casos de corrupción coma candidatos, albergando e defendendo casos de transfugismo...

¿Acaso España só alberga dúas formas de pensar?, ¿ou é que aínda seguimos co bando nacional é republicano?

Humildemente penso que precisamos algo mais que cambiar de A á B... 

0 comentarios: