Cando faltan pouco máis de dous meses para as eleccións municipais, xa temos polo de agora, ós tres aspirantes á presidir a casa do Concello os vindeiros catro anos.

Por parte da dereita, Nelson Santos, finalmente acadou o seu obxectivo de desplazar a Manuel Carrera do número un da candidatura no Partido Popular e iniciar a tan perseguida por Louzán integración da dereita local formada por PP, IdeP e CxP. Lonxe quedan as proclamas de Nelson nas que afirmaba que os votos de Ciudadanos por Porriño só serían para o propio partido. Finalmente, tales votos foron ó PP...

En todo caso, está por ver como se realiza ó proceso de fusión e qué pasa con Manuel Carrera e con Marcelino Coto, que parece estes días, que loitan por non descabalgar da lista do PP dacordo co compromiso asinado tras a mocion e á vista de que Santos pretende ubicar ó seu número dous, Jose Manuel Jacobo, por diante de Carrera e Coto.

Pola banda da esquerda, atopamos listas renovadas tanto no PSOE coma no BNG. Por un lado, os socialistas encabezados por Iván Vaqueiro, teñen feito unha renovación case completa da súa candidatura, incorporando perfís novos como unha aposta, penso, dirixida á captar voto crítico coa dereita e os ex-independentes trala súa unificación, maior presenza nas parroquias e voto de castigo a Raúl Francés por non chegar a un pacto progresista en 2007. Feito este que parecen corroborar as palabras de Iván Vaqueiro cando afirma que "como alcalde, eu sí garantizo un goberno progresista", seguramente en alusión a que o voto ó BNG non o garantiza ó preferir este último partido un goberno en minoría. Neste senso, parece que o PSOE quere deixar patente que eles sí garantizan unha alternativa progresista fronte ó BNG, que preferiu un goberno en solitario.

O BNG, tras varios escarceos internos entre Raúl Francés e o seu actual portavoz, Pedro Pereira, acadou finalmente unha victoria interna ó conseguir co 56% dos votos da asamblea do BNG, a posibilidade de encabezar novamente ó BNG, co coste da saida da candidatura de Pedro Pereira, ó que algúns consideran un valor electoral en parroquias como Atios ou Budiño. Francés apostou por recuperar a valores seguros como Paz Antón, ou algunha fichaxe deportiva nalgunha parroquia para presentarse novamente á alcaldía, xogando a baza da polarización con Nelson Santos. Unha baza perigosa, na nosa opinión, pois o electorado de esquerdas pode considerar que esta aposta do BNG descartaría novamente un acordo cos socialistas.

Dende o punto de vista veciñal, parece instalarse a idea de que se a esquerda non se entende entre ela, seguramente Santos acadará unha cómoda victoria, pois a estratexia do BNG parece máis pensada para evitar perder votos dentro da esquerda que a atacar a Santos, algo que se escenifica no seu relativa pouca presencia mediática nos últimos tempos.

Mentres o PSOE, aspira a seguir medrando, a costa das desavenencias da dereita e os desilusionados con Francés, tratando de esquivar o efecto da crise a nivel nacional cunha campaña máis activa e cercana que en pasadas ocasións. Santos sabe que as desavenencias no seo da esquerda son o seu principal activo para acadar a maioría se consegue mantelos divididos e sen unha estratexia mínimamente conxunta.

Neste panorama onde a dereita tan só suma 9 concelleiros e a esquerda 8, parece que todo segue moi aberto nestas eleccións nas que os porriñeses teremos novamente que exercer o noso voto nas urnas e escoller ós nosos representantes para os vindeiros catro anos.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver se o Bng quita leccións da moción e non vai por libre. Goberno PSOE-BNG xa!