Os gobernos de esquerdas que presidiron o concello do Porriño durante seis anos, primeiro a través dun pacto BNG-PSOE e despois o BNG en soidade, somentes foron capaces de sacar adiante un presuposto de ingresos e gastos. A razón se tivo que deber a unha posición sempre minoritaria no pleno municipal e a unha incapacidade para chegar a acordos de mínimos có resto das forzas políticas.
Nese contexto de fraxilidade encontraron os conservadores o seu maior argumento de reunificación, por riba dos elementos que os levaron a desmembrarse en tres listas electorais. O tempo pasou, é certo que nalgunhas cuestións o concello semella funcionar con certa axilidade, é certo que noutras cuestións semella recuperar algúns movementos máis propios da empresa privada que da empresa pública..., pero o realmente incuestionable é o seguinte:
Por primeira vez na historia do Porriño, un goberno de maioría non é capaz de sacar adiante un presuposto propio de ingresos e gastos.

1 comentarios:
Unha maioría de inútiles....
Publicar un comentario