Se pinchades na etiqueta "AVE" deste blog poderedes visualizar todo un historial de comentarios, reflexións e críticas acerca do tema. Moitos deses artículos teñen que ver coa futura salida hacia Porto e hacia Madrid evitando subires a Santiago.

Ambas conexións, de ser feitas con sentidiño, deixarían a nosa comarca na seguinte situación: Ourense a media hora, Porto a 45 minutos e Coruña a unha hora. Ademáis, o sur de Galicia quedaría conectado con Madrid en menos de tres horas. Para tomalo de chiste.

A variante por Cerdedo, tan criticada neste blog por absurda, acaba de levar unha meritoria embestida. O enxeñeiro Xose Carlos Fernández Díaz (no papel de David) autor de dous libros acerca do transporte ferroviario en Galicia, acaba de conseguir que a Audiencia Nacional admitise a trámite un recurso contra a licitación da devandita variante. Dende este espazo non temos outra que felicitar a esta persoa pola súa constancia e didáctica para facer que o ferrocarril sexa en Galicia un medio de referencia.

Nota de prensa de XC Fernández Díaz acerca da variante por Cerdedo.

0 comentarios: