Segundo informa La Voz de Galicia, o Concello do Porriño podería incurrir nunha multa de seis mil Euros por acometer as obras do sendeiro no Río Louro sen o permiso definitivo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. A multa podería ser moi superior de non haber solicitado tal permiso o anterior goberno, unha vez a iniciativa recibiu o si do pleno cos votos de BNG, PSOE e PP.

Na mesma noticia, pero na edición impresa, se di que o proxecto contaba con dous informes desfavorables dos técnicos do concello, concretamente arquitecto e interventor. Así mesmo, das alternativas presentadas a concurso, as dúas mellores se botaron fora; polo cal as obras se executaron coa a terceira alternativa.

O presuposto das obras, segundo se informa en diversos medios, ascende a 300 mil Euros sen ter claro se a totalidade dos cartos corren a cargo de fondos locais ou se contan con financiación externa. O presuposto do anterior goberno ascendía a 150 mil Euros e contaba coa colaboración de administracións superiores.

Igualmente sen ter claro se xa se consumiron a día de hoxe os 300 mil Euros citados como presuposto final, nas inmediacións da obra non existe cartel informativo algún, poidemos observar as seguintes actuacións na zona:

- Ampliación e mellora da senda de terra na marxe esquerda do río.
- Colocación de tres pontes de madeira peonís.
- Colocación de bancos e papeleiras.
- Instalación dun recuncho con aparellos de ximnasia ó aire libre.

0 comentarios: