Coma dunha película de misterio, así se podería describir o tema. Finalmente se van aclarando cousas e parece que o estabelecemento dunha peaxe parece ineludible, a pesares das protestas dos alcaldes das localidades do norte luso.
O problema non reside na cuestión da peaxe propiamente dita, pois ainda que esta sexa discutible debido a que as alternativas tanto por estrada coma por ferrocarril son deficientes, parece unha medida totalemente normal dentro do contexto no que nos movemos.
O que non ten ningún tipo de explicación é o atranco que lle vai a supor os residentes galegos desprazarse ata Portugal, atrancos a maiores de pagar unha peaxe, pois o sistema que queren imprantar ten unha lóxica aplastante para aqueles usuarios habituais pero carece de todo sentido para usuarios esporádicos.
Cheira a un tufillo chovinista que non me gusta nada e que me recorda cando o tema das matrículas para aqueles traballadores no territorio luso procedentes de Galicia. Aquilo non parecía acorde coa libre circulación de taballadores, do mesmo xeito que o sistema de telepeaxes que intentan colarnos non parece acorde coa libre decisión de calqueira usuario da Unión Monetaria Europea para decidires o sistema de pago que máis lle conveña por usar determinado servizo.
0 comentarios:
Publicar un comentario