Según informou onte A Peneira da Louriña no seu espazo dixital, o grupo socialista do pleno do Porriño vai a presentar unha moción na sesión ordinaria que se vai a celebrar mañán Xoves no concello, coa finalidade de discutir e consensuar a utilización do próximo fondo estatal extraordinario dotado con case dous millóns de Euros.
O novo Pan E defínese por esixir un esforzo menos elevado ás contas do estado e por abrir novas liñas de inversión menos centradas no ladrillo e o cemento. Así pois, e seguindo a mesma información, a proposta socialista avanza en temas clásicos (saneamento, mellora de determinadas infraestructuras industriais, educativas e deportivas) pero tamén introduce algunhas cuestións relacionadas coa inversión en novas tecnoloxías (alumeado público máis eficiente e conexión de internet inhalámbrica no municipio).
Parece unha boa idea que, máis alá da capacidade de decisión que poida ter o pleno fronte a específica autoridade da figura do alcalde (recordemos que temas tan importantes coma a peonalización ou a configuración do primeiro Plan E non pasaron polo tamiz do pleno municipal); se poidan discutir estes temas nos tempos de escasede que estamos a vivir en presencia de tódalas forzas políticas representadas no concello.
Unha última cuestión. Haberá tempo de analizar se o Plan E, con independencia da súa aportación para dinamizar determinadas inversións nos concellos, foi a mellor política posible para estimular o emprego en tempos de crise e para canalizar inversión (un ben hoxe en día escaso) hacia novas áreas que nos permitan comezar ese tan falado cambio de modelo económico. Polo de momento si parece que algunha repercusión positiva está a ter no mercado laboral e nas finanzas municipais.
2 comentarios:
El BNG no os hará ni puto caso. buen intento mediático, al menos demostráis que os lo curráis.
Parece que o PSOE rexude, polo menos, últimamente os vexo máis activos e con máis presencia na rúa e na prensa.
Publicar un comentario