De crises e incompetencias

Finalmente tras 47 angustiosos días  concluíu de xeito positivo o secuestro do atuneiro Alakrana, unha crise española con epicentro no océano Índico, actualmente case tan poboado de piratas coma dos prezados túnidos.


Durante ese máis de mes e medio aconteceron moitas situacións derivadas do apresamento, dende a captura de dous cómplices e a correspondente extradición á España, coma diversas informacións sobre o feito de que tres mariñeiros foran baixados á terra. As familias convocando actos de apoio e de lembranza dos seus parentes retidos foron carne de diferentes interpretacións, e arma arroxadiza contra o goberno.
 

Cando apenas tiñan pasado unhas horas dende que os mariñeiros foron liberados e o barco comezaba a súa singladura no Índico con destino Port Victoria nas Seychelles escoltado por dúas fragatas do exército español, comezaban os disparos dende outra localización ben distinta, o PP daba así o pistoletazo de saída á súa caza contra o goberno. Na primeira liña, Mariano Rajoy e na segunda Federico Trillo -que todavía segue na política- xulgando a xestión dunha crise, ten gracia a cousa.
 

Mariano Rajoy escomezaba o seu discurso felicitando ás familias pola –entre outras cousas- a determinación que tiveron contra o goberno. Seguidamente, viu a retahila de descalificativos sen sinalar aspectos concretos da xestión. Eu non coñezo os detalles das negociacións como a bo seguro que tampouco o líder da oposición. A palabra ‘incompetencia’ foi a máis empregada e logo o broche púxoo dicindo que ‘España quedou mal diante do resto do mundo’. Para moitos esas declaracións non as entendemos coma unha verdade universal se non se sustentan alomenos nun razoamento. Eu non creo que os alemáns sexan máis incompetentes que nos, e nembargantes precisaron de 4 meses para lograr a liberación de un dos seus barcos, os franceses –capitaneados polo férreo Sarkozy – tamén tiveron que sufrir secuestros de compatriotas e ambas potencias non perderon o respecto polr parte do resto da comunidade internacional. No momento da liberación había 11 buques máis na mesma situación na que estivera o atuneiro vasco, e non por elo as nacións víctimas eran sinaladas co dedo coma sí parece que o foi España segundo se desprende das diferentes declaracións dos populares.
 

Semella que Mariano Rajoy xa non lembra –agora que se cumpriron 7 anos- a anterior críse marítima que xestionou o seu partido,  o Prestige, onde non había armas, nin sequera piratas, nin negociadores nin tan sequera tivo lugar nunha zona descoñecida, senón en territorio galego. Pois ben, a incompetencia con maiúsculas do seu goberno, que nin tan sequera foi quén de saber qué facer cun barco a punto de escachar. Finalmente decidiron alonxalo, onde as ondas eran aínda maiores e onde ata un rapás de 4 anos sabe cara ónde veñen parar precisamente as ondas. Esa xestión –o contrario que a actual crise- sí afectou a outros países coma Francia e Portugal, pero a bo seguro que por aquel entón non lle preocupou tanto a mala imaxe ofrecida. Iso sí, cada verán acude puntualmente a disfrutar das limpas praias da costa pontevedresa. 


Din que a mellor defensa é un bo ataque, e se co tema do Alakrana facemos que o Gürtel desapareza do plano político, benvido sexa.


PD. De Federico Trillo e da súa xestión na única crise que tivo -amén de Perejil- ... xa nin o mento.

0 comentarios: