O PP recupera a súa maioría social en Galicia

Mariano Rajoy arrasa nunha convocatoria electoral que evidencia a debilidade social da esquerda en Galicia.

Xa se completou un novo ciclo de convocatorias electorais comprendido entre as xerais de 2008 e as de 2011 (autonómicas, europeas e municipais de por medio) nas que, máis aló do evidente desgaste socialista no goberno español, se ven mostrando en Galicia unha recuperación da maioría social do PP, ameazada coa chegada do século XXI pola estratéxica alianza entre BNG e PSOE.

As eleccións municipais soen tomarse coma un termómetro do goberno español por ser as últimas antes das xerais (click para agrandar).

Efectivamente, con socialistas e nacionalistas gobernando en Galicia, tras desbancar dun xeito histórico ó PP da Xunta nas eleccións do ano 2005, e despois de afianzar un novo mapa municipal nas de 2007 que xa tiña raíces botadas catro anos antes; podemos dicir que a crise experimentada polos populares galegos xa foi superada nas dúas convocatorias do ano 2011.

O Partido Popular de Galicia pasou nestas "elecciones generales 2011" da metade dos votos no 80% dos concellos. O PSOE cede un deputado na provincia de Pontevedra, namentres que o BNG mantén o acadado na anterior convocatoria. En toda Galicia son catro os deputados socialistas perdidos en favor do PP. O BNG mantén o tipo.

0 comentarios: