Unha de cal e outra de area

Hoxe mesmo, aparecen en dous xornais galegos senllas noticias sobre as infraestructuras ferroviarias.

GALICIA E PROXIMIDADE

José Blanco afirmaba que por el, mañá mesmo firmaría a transferencia do antiguo trazado feroviario á Xunta, para que poida dispor de el para ofertar, e así manter o servicio de proximidade (que desaparecerá en boa medida co novo eixe atlántico).

Unha moi boa nova para unha parte da poboación que quedaba sen o seu habitual medio de transporte nunha comunidade tan dispersa poboacionalmente como é a galega.



PORTUGAL E A LAV


A outra nova provén do noso pais veciño ou irmán, e refírese o trazado de alta velocidade, xa que a crise e unha posible derrota do actual goberno de Sócrates podería retrasar a construcción da liña Oporto-Vigo, xa que segundo diversos estudios, esta é das tres liñas actualmente en estudio a menos rendible.

Esta última noticia tamén podería ter unhas consecuencias moi negativas para Porriño, xa que moi probablemente prolongaranse os prazos para a construcción da saída sur de Vigo, e polo tanto a variante da liña convencional ó seu paso pola vila da Louriña.

0 comentarios: