Porriñ2.o

Para que non todo sexa crítica, ainda que constructiva, vou a facer unha proposta no eido personal para o futuro inminente dunha vila que ten que medrar máis aló dos edificios, as infraestructuras son vitais.

INFRAESTRUCTURAS PERIFÉRICAS


(fai click para agrandar)

1 e 2. Construcción de viais de interconexión entre o casco urbano do Porriño e Torneiros, con sendas pontes sobre o Louro, con amplas beirarúas. Debido a presenza da liña férrea entre Vigo e Monforte, levarían aparellada a construción dun paso elevado peonil ata o futuro desmantelamento da liña.

3. Rampas de acceso e saída da A-55 (Vigo-Tui) para o polígono de Torneiros aproveitando a conexión existente entre esta autovía e a autopista de peaxe, sería empregada por moi boa parte da poboación de esta parroquia, Mosende, Chenlo, Pontellas...

4. Vial de circunvalación e vertebración da zona SE do Porriño, completando o triángulo de comunicacións máis próximo ó centro da vila, convertíndose nunha futura arteria para o desenrolo do casco urbano.


INFRAESTRUCTURAS NO CENTRO
URBANO

(fai click para agrandar)

5. Nova rúa entre a interseccion da Tarela cos Aloques e a rúa de Pontevedra.

6. Conexión peonil dende a Avenida de Galicia ata o canexón do Concello.

7. Rúa entre Pío XII e Antonio Palacios.

8. Rotonda entre a subida a Risca e Antonio Palacios.

9. Mellora e ampliación de viais, dotación de beirarúas no entorno da Malladoura.



APARCAMENTO

O existente aparcamento subterráneo da Avenida de Galicia de carácter municipal debería ser potenciado, estudiando unha posible rescisión do contrato coa concesionaria ou chegando a un acordo para unha eventual rebaixa dos precios debido a supresión de prazas de parking en superficie.

MERCADIÑO

A habitual feira do Porriño debería ter un lugar propio para a súa celebración, como no seu momento o campo da Feira, onde non fose preciso pechar ningunha rúa para poder celebrar esta actividade histórica. Así mesmo tamén podería empregarse para ubicar as atraccións nas celebracións das dúas festas máis importantes, San Benito e O Cristo.

0 comentarios: