Mostrando entradas con la etiqueta brais ocampo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta brais ocampo. Mostrar todas las entradas

Brais Ocampo se pecha no centro cultural do Porriño

Segundo se está a comentar nas redes sociais o poeta do Porriño Brais Ocampo levou a cabo esta madrugada de sábado un pechamento no centro cultural da vila. As razóns, teñen a súa orixe pola negativa da concellería de cultura para que Ocampo puidese presentar o seu libro Tu piedra mojada no devandito centro. As argumentacións non foron do agrado do poeta ao considerar un agravio derivado dunha temática demasiado progresista a tratada no seu libro. Máis información no noso perfil de facebook.

Brais Ocampo agraviado polo concello do Poriño

DENDE O SEIXO, POR LOURIÑA ON

Tempos de austeridade, nos din. O certo é que coa teima parece que teñamos que deixar de vivir en paz. Cando un bota unha ollada de paxaro entón se da conta de que non, iso da austeridade ao final vai para quen a entenda coma a queira entender.

O centro cultural é un recurso público, as persoas teñen todo o dereito do mundo de usar os recursos públicos, máis se o fin non é outro que promover o traballo a través da cultura e o talento. O poeta local Brais Ocampo recibiu a negativa dende o concello do Porriño para presentar o seu novo libro Tu piedra mojada no centro cultural municipal.

Menuda xestión cultural. Resulta incomprensible que sexa un poeta o que teña que andar detrás dos políticos para que lle confirmen ou non un dereito que ten coma cidadán e poeta que é; o de presentar o seu libro na súa vila. Cando tiña que ser precisamente o revés, o poeta a escribir e os veciños que agora lles toca dirixir o concello, ser conocedores do valor cultural que temos no Porriño e promocionalo.