Gráfico 1* (click para agrandar) |
O PP volveu gañar unhas eleccións en Galicia e o fixo ampliando a maioría absoluta obtida hai catro anos, demostrando a súa robustez no país. A candidatura de Alberto Núñez Feijoo acadou o 45,72% dos votos, cunha
participación que ascendeu ó 63,80% do censo; un dato similar ó de 2009 e iso que ás cinco da tarde a mesma estaba sendo moito menor.
A coalición galeguista de ANOVA, Izquierda Unida e máis EQUO; liderada por X. M. Beiras baixo o nome de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), foi a outra gañadora nestas eleccións galegas 2012 ó entrar no parlamento con 9 escanos. Pola súa banda o BNG pasa de 12 a 7 representantes e o PSOE de 25 a 18.
Ningunha outra formación se achegou ó 5% dos votos requeridos para poderes entrar na cámara, UPyD quedou por debaixo do 2%.
En votos, os partidos tradicionais - PP, PSOE e BNG - baixan o seu apoio. O Partido Popular incrementa a súa representación de 39 a 41 escanos, e isto a pesares de obter menos votos, tanto en número coma en porcentaxe.
*Os gráficos pertencen ó diario El País, a través do seu widget para compartir públicamente.

Resultados na Louriña
Gráfico 2* (click para agrandar) |
Na nosa comarca o PP replica a victoria alcanzada no global de Galicia. Pero no Porriño o triunfo da formación conservadora foi aplastante, namentres que en Mos obtivo unha destacable maioría relativa. Un patrón que se repite comicio tras comicio, pois en Mos o resultado sempre foi máis escorado á esquerda.
Gráfico 3* (click para agrandar) |
*Os gráficos pertencen ó diario El País, a través do seu widget para compartir públicamente.
0 comentarios:
Publicar un comentario