Voto útil ¿PSOE?

O PSOE gañou as eleccións e o fixo cun novo partido de esquerdas de ámbito estatal entrando no arco parlamentario. Non nos enganemos, o que non foi capaz de conseguir o CDS nos anos 90 non o vai a facer UPD (cun perfil político progresista) nun contexto en que o PP sube significativamente en apoios.O único partido que aglutina voto útil é precisamente o PP. É moi posible que a lista de Rosa Díez sacara votos dende as filas socialistas, pero tamén dende votantes progresistas sen fixación a ningún partido e que, a partires de hoxe, ademáis de PSOE e máis IU teñen outra lista alternativa. Se nos fixamos nos resultados IU + UPD obteñen o mesmo porcentaxe de votos que a lista encabezada por Gaspar LLamazares hai catro anos, namentres que o PSOE sube un punto o seu apoio. O PP probablemente non teña máis por onde rascar (no centro e na dereita), namentres que o PSOE si. Esa é a bipolarización de toda a vida, esquerdas e dereitas; nacionalismos a parte.

0 comentarios: