A memoria dos peixes

por Perico dos palotes


Que os peixes de corais teñen 3 segundos de memoria, xa é algo ben sabido. O que non coñeciamos era a capacidade de almacenamento que teñen que os candidatos políticos. Semella que que polo visto no Porriño, podemos comprobar que debe ser da orde de 8 días, xa que este é o tempo que separa unha nota de prensa de Ciudadanos por Porriño, das declaracións do candidato por ese partido, Nelson Santos, a un xornal do país, nun artigo publicado hoxe.

Parece que tras comprobar tras o escrutinio dominical, vendo que as súas posibilidades de sentarse no sillón do consistorio reducíanse moito fronte as súas expectativas, toca facer un exercicio democrático, e consultar cos membros da súa lista e simpatizantes a pregunta do millón.... ¿e agora, qué facemos?.

De momento supoñemos que comezará a rolda de diálogo, ¿pero entonces de que serven as promesas electorais?. Suponse que o que votamos o domingo foron os programas dos partidos, que están feitos polos membros do partido, eses que van nas listas que presentan. Xa sabemos que ó longo de unha lexislatura quedan algunhas promesas incumpridas, pero unha cousa é non levar a cabo algunha en 4 anos e outra ben distinta cambiar de intencións en só 8 días.

Outra cousa pode ser que Nelson busque o apoio dos dous partidos de dereitas para que o invistan coma alcalde, ahí teóricamente xa non incumprirían o seu programa apenas 5 días despois de seren votado. Pero estou seguro que na lista de Ciudadanos hai integrantes que non lle gustaría un pacto cos homes de Ordoñez, e xa é sabido que na lista de este último hai quen non contempla a máis mínima posibilidade de pacto.


¿Quén gañará finalmente, as ideas ou o poder?

0 comentarios: