Son un firme defensor dos pactos porque en ausencia de maiorías estes farán que o futuro goberno reflexe a opinión maioritaria dos votantes. Sen embargo, a lexitimidade dos pactos remata cando estes collen por sorpresa ós electores, cando non se fai explícito antes de que abran as furnas e, moito máis, se te pasas a campaña electoral botandolle os trastos ás outras formacións políticas.
¿Para que se separaron? Dirán uns. A unión da dereita dirán outros. Seguramente, se os electores souberan que podería pasar un escenario tal e coma se está a plantexar, os resultados electorais serían ben distintos. Eu coido que CxP non pensaba que ía necesita-los votos de IdeP para poder formar un goberno co PP. Pero o natural é que hoxe goberne a esquerda, e non fai catro anos. Primeiro porque a lista máis votada foi a do BNG e logo porque o seu pactable, o PSOE, é de anteman coñecido por todos. Ademáis os dous case suman maioría no pleno.
O PP debería aceptar que non gañaron ("únete a maioría") e liquidar durante a lexislatura os problemas internos para volver dentro de catro anos cun candidato sólido (¿Chiño?) e cunha dereita unificada que é o natural neles. Porque coma se metan en fregados de tripartitos e gaitas para volve-lo poder canto antes posible pode sairlle moi mal a xogada. E que non digan que o pobo votou que goberne dereitas porque esa proposta non foi a que se lle fixo antes dos comicios.

0 comentarios:
Publicar un comentario