: : Tras quince días de intensas negociacións, o centro dereita do Porriño non chegou a ningún acordo : :
Nun salón de plenos repreto de xente, todos os concelleiros electos da corporación mostraron ao público a súa votación. Cando Gonzalo Ordoñez mostrou o seu voto: “Manuel Carrera”, os aplausos dos votantes da dereita auguraron que o novo goberno sería liderado polo Partido Popular. Non foi así. Nelson Santos, líder de Ciudadanos por Porriño, achegouse ás bancadas do público para mostrar a súa papeleta: “En democracia, Nelson Santos”, dixo, “porque Ciudadanos siempre cumple su palabra”, asegurou Jacobo, segundo de Ciudadanos.
Os aplausos que estouraron na sala foron neste caso os dos simpatizantes da esquerda: Raúl Francés, co apoio do PSOE, se convertía de novo en alcalde do Municipio.
Visiblemente emocionado Francés recoñeceu que non tiña preparado un discurso de investidura “porque ata última hora esto estivo no aire” e mostrouse “honrado de ser elixido”, pedindo a toda a corporación “dignidade e responsabilidade” para xestionar o goberno do Porriño.
Os votos da dereita
Nelson Santos quixo cumprir a súa palabra, “dixen que os votos de Ciudadanos só ían ir para Ciudadanos e o cumprín”, aseguraba á saída do pleno de investidura. Unha postura que non é de todo comprendida polo Partido Popular, que acusan a Santos de “buscar protagonismo”. “Nós queríamos para O Porriño un goberno estable e sólido – apunta Manuel Carrera – pero non foi posible”.
Os populares non se renden e aseguran que continuarán coas negociacións para chegar a un consenso do centro dereita. Neste senso apunta xa a unha posible moción de censura, “aínda agardamos que nos poidamos unir e goberne o centro dereita”. Aínda así recoñece que o Partido Popular leva sido “excesivamente xeneroso” nas reunións mantidas con Santos “e pola súa parte non vimos nin un atisbo de xenerosidade”. Sí a viron en Gonzálo Ordoñez, de quen Carrera destacaba o seu talante e saber estar.
2 comentarios:
¿Que decides os PROGRESISTAS DO PORRIÑO sobre que o Psoe non conte para nada no actual goberno?
Creo que ides quedar na rúa.
¿Quedásteis mudos PROGRESISTAS DE O PORRIÑO?
¿No tenéis nada que decir sobre la situación de desgobierno, de un alcalde sin capacidad siquiera de ponerse sueldo, con 5 concejales de 17 por montera?
Vaya morro que teneis, estabais muy animados en la campaña pero se ve claramente que vuestro esfuerzo remata con las elecciones, luego os importa todo un bledo?
¿Va a ser que ahora retiráis el AVE de O Porriño y nos dejais en represalia con el carromato mecánico que pasa por Porriño diariamente?
Decir algo carallo.
Publicar un comentario