Raúl Francés ten a alcaldía case na palma da man, logo das declaracións feitas onte por Nelson Santos, que poderían levar ao traste ao pacto de dereitas no Porriño. De feito xa está a pensar no futuro goberno, un goberno de pactos puntuais con diferentes forzas políticas. “Buscaremos a maioría para aprobar pactos puntuais”, lembrando que “agora hai elixir ao alcalde e o goberno virá despois”.

Esto non impide que continúen as negociacións co PSdeG-PSOE. Onte mesmo comezaron as conversas entre as dúas comisións de senllos partidos. “Estamos a facer análise dos últimos catro anos, do resultado electora e tamén do que poderán ser os vindeiros catro anos”. “Todo sairá destas reunións”, asegura Raúl, aínda que puntualiza que o acordo final podería non chegar ata logo da investidura. “Se non chega antes poderemos seguir falando”.En canto aos acordos puntuais non conta unicamente cos socialistas, xa que non lle dan a maioría absoluta: “hai moita xente nos diferentes grupos con capacidade política para que os temas importantes poidan saír adiante”, apuntando que esta é unha lexislatura moi importante para a municipio, “hai necesidade de buscar consenso en moitos temas”, asegura, logo da experiencia de catro anos sen orzamentos.

Gonzalo avoga por un goberno de maioría

Neste punto se mostra de acordo Gonzalo Ordoñez, quen apunta que “non é de recibo volver a situación pasada” e que O Porriño continúe sen orzamentos catro anos mais. Por iso, ao contrario que Francés, Ordoñez avoga por un goberno en mairía. “Porriño vai ter un goberno en maioría”, móstrase convencido, aínda que non se molla á hora de responder de que cor vai a ser ese goberno. Ambos líderes políticos coinciden tamén en que “hai que ser prudentes”, reiterando que ata o sábado non se saberá nada.


Artigo extraído da Peneira da Louriña

0 comentarios: