Artigo extraído de A Peneira



A concentración a prol dun pacto de centrodereita no Porriño estaba convocada para o pasado día martes 5 de xuño á 13:00h. Os curiosos arremolináronse ao redor da Praza do Concello a esa hora da mañá pero non puideron ver a máis de 10 veciños (dous con camisetas do Partido Popular) baixo o soportais da Casa Consistorial. Durante algo máis de 20 minutos os manifestantes agardaron a que chegara máis afluencia de xente. Non foi así, ao final acabaron dispersándose. “É mala hora para convocar unha manifestación” asegurou unha veciña das que alí se concentraron. “Seguramente se fose pola tarde habería máis xente”.


0 comentarios: