Palabras que levou o vento

por Perico dos palotes



Hai certo tufo estes días pululando na atmosfera porriñesa, e non, non é o do matadoiro, ó que tan acostumados por desgraza estamos. Este procede da resaca electoral, que para algúns debeu ser literal, xa que non se lembran do que dixeron e prometeron para acadar os votos. Agora con eles no peto, borrón e conta nova, que o pastel é grande e non paga a pena atarse ás palabras (nin ás notas de prensa).


“Los votos obtenidos por CIUDADANOS POR PORRIÑO solo serán otorgados para nuestro candidato a la Alcaldía NELSON SANTOS”.


Esta afirmación fixo que moitos decidisen outorgarlle a confianza o banqueiro porriñés, xa que sabían que o seu voto non iría nin para Manuel Carrera, nin para Gonzalo Ordoñez. Pero apenas 5 días despois dos comicios xa cambiou o conto. O que tanto criticou, atacou ós que agora van ser os seus compañeiros, está disposto a “hacer un sacrificio personal” para posibilitar un pacto de goberno.

¡Mira que ben! Primeiro arrincamos os votos do centro e parte de esquerda para obter unha boa representación, e logo, pactamos cos de sempre, cos que ata hai ben pouco non estaban de acordo en nada, co seu ex-compañeiro de partido ó que puso de volta e media unha vez tras outra.

¿E como xustificamos isto? É ben doado, o de ir de sacrificado en aras do pobo sempre foi algo que vendeu. Pero a honradez, a seriedade e a humildade que tanto proclamou Nelson na campaña duroulle 5 días. A ver canto lle dura o seu equipo de partido, que estou seguro que boa parte estará decepcionado.

Ainda que non todo foron promesas incumpridas, xa decía o seu programa, que o seu compromiso era “buscar soluciones rápidas y sencillas”. Doadas non sei pero rápidas foron dabondo.


Veremos como se xustifica o día 16. Pero hai cheiros que son difíciles de eliminar...


Noticia no Faro de Vigo

0 comentarios: