¿A "dereita unida" do Porriño?

Por Perico dos palotes


Hoxe convocárase á xente diante do Concello para manifestárense en favor dunha alianza dos partidos de dereitas no Porriño.

Xa e pintoresco que a dereita se una para evitar un goberno de progreso, era algo ó que non estamos acostumados, sempre era ó revés, pero xa se sabe, os tempos mudan. Pois ben, eses partidos estaban supostamente apoiados por un ‘sentir popular’ que convocara tal acto, que seica estas últimas horas tornouse insensible en vista do número dos alí asistentes.

O que está claro e que agora non lles queda outra que aliarse, xuntarse facendo peripecias, negociando o reparto e a ver quen lle queda mellor cacho e a quen peor. Pero o que é evidente é que, si finalmente sae adiante esta coalición será con pinzas, e veremos canto dura. Non todo se esquece, e menos tan cedo, aínda quedan 11 días ata ó pleno, quizais sexa tempo suficiente para que volten as pantasmas do pasado. Separarse pública e reiteradamente, amosando as súas diferencias e descalificacións uns ós outros hai ben pouco... ¿e agora tan amiguiños?


A política fai extranos compañeiros de cama. ¿Pero tan extranos?

0 comentarios: