Os tres partidos que integran no Porriño o centro dereita está a poñer toda a munición sobre a mesa. O maior escollo continúa a ser a alcaldía, aínda que Gonzalo Ordoñez, líder de Independientes de Porriño, asegura que as posicións acabarán encontrándose. “Houbo incluso unha proposta de compartir a alcaldía”, asegura, apuntando que “non hai grandes diferencias” e que, as que aínda quedan, agardan resolvelas na reunión que celebrarán esta mesma tarde. “Cada partido quedou de levar hoxe novas propostas, e en principio esperamos chegar a un acordo”.
Nelson Santos, non quixo adiantar o acontecido na reunión que mantiña onte con Rafael Louzán, pero si anunciou a A PENEIRA DA LOURIÑA que “de momento aínda non hai acordo”, confirmando que continúan a haber diferencias sobre os alcaldables, “aínda está sen definir quen o será”. Acudirá, sen embargo, a reunión desta tarde para negociar as súas propostas.
Pola súa banda Manuel Carrera, líder do Partido Popular, non quere facer hoxe declaracións ao respecto.
0 comentarios:
Publicar un comentario