:: Gonzalo Ordóñez o ten claro: “O criterio lóxico e natural é que a alcaldía sexa para o máis votado” neste caso Manuel Carrera ::


Nelson Santos acaba de confirmar a A PENEIRA DA LOURIÑA que abandonará o partido – Ciudadanos por Porriño – se iso posibilita un pacto da dereita. Un xesto que Gonzalo Ordoñez considera inútil para afianzar o acordo, “eu non poño ningunha condición de que ninguén se marche para asinar o pacto”, asegura. Polo único polo que non está disposto a pasar é por que Ciudadanos se faga coa alcaldía, o que volve a poñer a Santos entre a espada e a parede logo de ter dito fai dous días que “os votos de centro obtidos por Ciudadanos por Porriño so serán entregados ao noso candidato á alcaldía” .

O propio Santos asegura que a condición de que el abandone a política non lle foi imposta, “a plantexei eu”, e agora espera reaccións por parte dos outros partidos de centro dereita.

Gonzalo Ordoñez o ten claro: “o criterio lóxico e natural é que a alcaldía sexa para o máis votado – neste caso Manuel Carrera – e a partir de aí os demais deberán negociar as súas competencias. Sen embargo Nelson Santos concluía na nota antes citada que “non podemos aceptar ningunha imposición do PP para que ocupe a alcaldía nos vindeiros catro anos”.

As negociacións fortes comezaban onte e continuarán esta mesma tarde pero o escollo de quen ocupará o sillón presidencial no Concello nun goberno de centro dereita parece difícil de salvar.

0 comentarios: