O Porriño Industrial: Un barco á deriva

Na miña memoria conservo tres xestas recentes no tempo da xa dilatada historia do Porriño Industrial Club de Fútbol, ese equipo con aires de grandeza pero cuxa trascendencia veciñal sempre costou facer efectiva máis aló dós veciños das áreas urbanas do concello. Falo e por orde cronolóxica daquel ascenso a terceira división e aquelas tempadas douradas dos xuvenís na división de honra nacional nos anos noventa; tamén o non tan lonxano campeonato de terceira división e o hoxe doce batacazo na fase de ascenso a segunda b no campo da Ponferradina.

Durante moito tempo os equipos das categorías inferiores en tódalas edades estiveron competindo nas primeiras ligas galegas, gañando a canteira do clube unha merecida fama. Hoxe en día o equipo senior durme outra vez na zona templada da categoría rexional preferente. Namentres as categorías inferiores, có equipo xuvenil á cabeza, deixaron de ter ese nome que tan ben traballado se gañaron fai dez anos.

Conmemorar a traxectoria de vellos e ilustres xogadores resulta gratificante, incluso necesario sempre e cando teñas un plan de futuro. ¿Que é o que falla? Se falla algo, claro está.

Existen moitas teorías. Xeración espontánea din uns, mala xestión din outros; por riba a cercanía do Celta e por baixo a dos clubes das parroquias, din todos. Eu prefiro pensar que a verdade ten un pouco de cada explicación.

É evidente que na vida hai ciclos e xeracións de chavales que saen mellor que outras. ¿Pero de verdade credes que un clube que tivo absolutamente tódolos seus equipos en categorías de máximo nivel pode responder a unha casualidade xeneracional? ¿Incluída á xestión do primeiro equpo, onde tes que facer fichaxes? ¿É posible que un clube insertado nunha comarca económicamente tan puxante lle coste tanto manterse na máxima categoría galega? ¿Onde quedaron as sinerxias dos mellores tempos?


O Lourambal, ese vello campo..., que non cambia.

0 comentarios: