¿Ónde desembarcarán os vikingos?

Non se sabe ben se o continuo baile de ubicacións da multinacional IKEA responde os caprichos dos suecos ou os intereses políticos locais. Polo que teño entendido -en xeral- os suecos sonche bastante máis serios ca nos, así que polo visto ata que empecen a levantar cimentacións servidor non se fiará das noticias.

Hoxe aparece publicado na prensa que definitivamente os terreos escollidos para o futuro emplazamento da gran superficie será en Valladares, un lugar que segundo o artigo cubre as esixencias da multinacional de decoración e mobiliario.

Segundo esta enésima nova, será Vigo o lugar onde desembarquen os 'vikingos', polo tanto nin o Porriño, nin Nigrán terán que preocuparse por celebrar esta invasión pacífica.

Agora pregúntome eu, se no Porriño hai uns cantos meses aprobouse unha importantísima recalificación duns terreos en Cans co gallo de que se ía construir un gran centro comercial, e que IKEA estaba detrás de esta operación... e resulta se que finalmente van para Vigo... ¿qué pasa con esa recalificación? ¿cómo se pode facer semellante modificación sen facer un convenio de recalificación asociado á construcción dun proxecto?


> Ikea apuesta por el Parque Tecnológico de Valladares para instalar su complejo comercial

0 comentarios: