Crisis, what crisis?

O caso e que estivemos a ver coma os alcaldes se botaban as mans á cabeza cando pola crise económica que estamos a atravesar veron reducidas as transferencias do estado. Existe un argumento bastante estendido e tamén sostido por algúns analistas de que a capacidade financeira dos concellos non se axusta ó que os cidadáns esperan recibir por parte desa administración en materia de infraestructuras e servizos. Estaría dacordo se esa insuficiencia de capacidade ten máis que ver coa mala xestión (e tamén as corruptelas) que coa inexistencia de recursos.

Unha quinta parte dos ingresos por cuestión urbanísticas percibidos polos concellos galegos no ano 2004 esfumáronse en cuestións de dudosa legalidade, segundo un informe do Consello de Contas. Triste realidade. Os concellos son un foco de irregularidades, mala xestión, tráfico de influencias e comisións á marxe da lei. A consecuencia é que viven tan ó límite das súas capacidades que cando lles cortan un pouquiño o grifo entón temos que poñerlles fondos locais extras para acometer capas de rodadura, saneamento ou beirarúas. Non é máis rico o que máis ten senón o que menos necesita. Que mágoa.

0 comentarios: