En vigo parece que maman pero non choran

Fai pouco tempo deixábamos caer neste blog unha noticia sobre a posta en marcha dun plan piloto en materia de transporte público. Tratábase de suvbencionar ás empresas que fan o servizo de transporte de ría, reducindo o custe do billete para o usuario e garantindo a explotación das liñas supostamente non rentables. Os concellos implicados son Cangas, Moaña e Vigo. Nesa noticia tamén anunciabamos o plante do rexedor Vigués na primeira convocatoria feita ás partes pola Xunta, plante que agora xa se confirmou coma unha clara intención de non participar na cofinanciación dos billetes. Así pois o plan plurianual final suporá un cargo de 1 millón de Euros para o concello de Cangas, de 600 mil Euros para o concello de Moaña e de seis millóns e medio para a propia Xunta.

Podese argumentar que o citado transporte a quen máis vai a beneficiar será ós usuarios do Morrazo e que polo tanto é lóxico que sexan os seus concellos os que financien as rebaixas do billete. Nese caso non sei que se pretende cando falamos da necesidade de crear unha administración para o área metropolitana. Se O Morrazo é capaz de darlle un impulso a un transporte público básico para moitos dos seus cidadáns e consegue que este vaia para adiante sen o apoio da cidade viguesa, ¿Para que queremos entón crear a citada área metropolitana? ¿Para que os de Vigo poidan dicir que xa son capital de algo? Non ten sentido. Se imos a crear o área metropolitana de Vigo suponse que debemos partir dun concepto de solidariedade entre tódolos concellos e de liderazgo por parte da administración viguesa. Pero se aquí cada cual vai barrer para a súa casa e a velar polo seu interese estricto, pois xa o deixamos estar e non facemos nada. Porque con ese millón e medio Cangas e Moaña poderían invertilos en potenciar os seus servizos sanitarios e xa teríamos unha necesidade menos para desprazarse con regularidade á cidade olívica. E de paso poderíamos poñer unha alambrada nos lindes de cada municipio e que te apañes se onde vives non tes onde mexar tranquilo.

0 comentarios: