Rennes está en Galicia!

Esta mañá, o futuro presidente da Xunta de Galicia, concedeulle unha entrevista a unha emisora nacional. Nela pediu que se deixara de falar do coche oficial, de ese mesmo coche co que tanto romperon a cabeza na campaña electoral, como xa deu os seus froitos, agora temos que deixalo en paz.

Empregando as máximas cotas de demagoxia e populismo durante a campaña, chegou a Vigo a decir que el iria nun Citröen fabricado en Vigo e que vendería o Audi que encargara presidencia, pero na planta viguesa só se fabrican o C4 Picasso de 5 e 7 prazas e as furgonetas Berlingo e Partner, polo cal, non entendemos que favor lle ven facendo Feijoó subastando un coche para mercar outro fabricado fora de aqui, perder cartos probablemente na venta -xa que estará blindado-, para gastar outra vez cartos en equipar de elementos de seguridade o novo vehículo.

O modelo elexido polo humilde dirixente non é outro que o C6, máximo expoñente da firma francesa, que é fabricado na planta que a compañía ten en Rennes (Francia).

Non é do meu agrado publicar novas de este estilo, pero cando unha serie de afirmacións tan demagóxicas son a columna vertebral dunha campaña, temos a misión de fiscalizar todo o que se veña facendo a partir do día 1-M en torno a todos estes asuntos. Outra das conclusións que se poderían extraer de todo isto, é que probablemente o propio Feijóo nin sequera saiba qué modelos se producen na fábrica de Vigo, e iso sería moi preocupante vindo dun dirixente que pretende potenciar o sector da automoción -veremos cómo-.

0 comentarios: