Preto de tres Euros e medio

Tres Euros e medio, ese é o custe por persoa que tivo o servizo regular entre Vigo e Moaña pola ría no ano 2008. Segundo os datos de pasaxeiros facilitados pola empresa e manexados pola Xunta, esa sería a referencia para cubrir coas suvbencións a diferencia entre o prezo de un Euro por viaxe no billete simple e o citado custe por usuario.

A primeira pregunta a facer é: ¿Interesa o transporte de ría tendo en conta as alternativas existentes por estrada, xa en autobús, xa en vehículo propio? De ser afirmativa a resposta, deberíamos ter claro que a demanda efectiva dun servizo vai en función do custe e da calidade do mesmo. Deste xeito se ofertas un servizo económicamente accesible e de calidade, é posible que o volumen de usuarios que consigas axude a rebaixar o custe unitario moi por debaixo deses tres Euros e medio.

Pola mesma banda se analizamos o progresivo desmantelamento do número de servizos entre Vigo e Moaña, mailo encarecemento dos billetes tanto na liña con Moaña coma na de Cangas; poderemos encontrar unha explicación ó baixo volume de usuarios dos últimos anos.

¿Porque as culpas son da Xunta? Pois polo xeito de facer as cousas. Sabemos que neste país os empresarios cando oen campás de cartos públicos enseguida se volven deficitarios. Deberíamos esixir que se aclaren se o modelo do transporte colectivo en Galicia vai a ser un modelo de explotación privada ou pública. Non a medias. Moito convenio de apoio ás empresas para que logo che metan un pau no cú.

A ver que pasa de aquí en diante no tema do autobús metropolitano e das cercanías ferroviarias. Veremos que nos mostra ese futuro goberno de austeridade do Sr. Feijoo. Na nosa comarca temos dúas estacións de ferrocaril de pasaxeiros, unha de mercadorías e nos atravesan dúas estradas nacionais...


0 comentarios: