O Senador Ivama

O Tíovivo_por Martín Romaña


Esta semana remata cunha incógnita: ¿será Iván Vaqueiro senador?. A triste e luctuosa carambola pola que o concelleiro socialista porriñés podería ocupar un sillón na Cámara Alta está todavía sen resolver. Todo apunta a que Corina dimitirá -non perdería un posto-catapulta na Xunta por moito que se fume o seu apelido- e o PP deixará o posto vacante amarrándose interesadamente a un vacío legal incomprensible.




Durante toda a semana a nova circulou polos medios de comunicación repintada segundo os intereses de cada empresa. ¿Un exemplo? O Faro de Vigo, o diario con menos personalidade do país, nin sequera mencionaba o nome do posible sucesor sociata e apostaba pola vacante insustituible, ou o que é o mesmo: “Corina, ponte en la Xunta, hazte con la alcaldía y chúpame aquí”.
En fin, haberá que agardar... A Xunta Electoral Central, que debe ser algo así como as Autoridades Sanitarias, tardará preto dun mes en decidirse mentres Iván Vaqueiro, facendo o seu día a día, dubida si comprar ou non o gorrito para calzarse na piscina do Senado. ¿Terá Iván Vaqueiro algún día o seu propio reggaeton?.... "Cómo se dise, cómo se llama: Ivama, Ivama!..."

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Tendríamos que estudiar la muerte del amigo Latas y dónde estuvo Iván ese fin de semana. Tomar huellas, llamar al CSI. Bromas aparte que los dos son buenos chicos y el primero quedará ya en la memoria de la política viguesa:

Sinceramente creo desde el PP que si Corina renuncia al senado el puesto será para Iván. En el PP piensan lo contrario que quedará desierto, etc. Creo que esto último sería injusto. Una vez más la BARAKA favorece a los políticos cuando más en el desierto se creen.

Cuidate de los Idus de Marzo Iván porque o te sale esta o quieren también jugártela los tuyos que desean ya paséis a dominar al BNG a nivel local y de momento se os escapan. Te han tomado la medida.