"Spain is different"

Non era moito tempo, nada máis que dous meses. Nembargantes o ritmo de presentación de proxectos por parte dos municipios fai honra ó dito que titula este artigo. E que aquilo de que os españois deixamos as cousas para o último momento parece máis que evidente neste caso. Semella que no concello do Porriño se puxeron as pilas esta semana, presentando un número importante de actuacións e consumindo case a metade do valor do fondo. O que resulta inexplicable é o caso mosense. Onte asistimos á noticia da aprobación dos presupostos para o exercicio 2009 e do novo esquema salarial. Perfecto, está visto que se puxeron a traballar no seu proxecto de goberno. Sen embargo, compre dicir que o goberno salinte xa aprobara unha serie de actuacións que agotan a totalidade do fondo correspondente. Hoxe, a catro días do fin do prazo de presentación, somentes temos coñecemento oficial de tres obras en materia de saneamento e seguridade vial. Catro días por diante para cubrir aproximadamente o 70% restante dos dous millóns e medio de Euros que lle corresponden o concello da parte alta da Louriña. Espero que non se durmiran nos laureis estes días pensando nos soldos e no organigrama do concello, estamos a mediados de lexislatura e durante dous anos houbo un goberno que na súa última xunta deixou o plan totalmente traballado. Sería imperdonable por parte dos cidadáns renunciar a eses investimentos simplemente porque foron planificados por outra alcaldesa.

0 comentarios: