¿Boa xestión ou cambio sociolóxico?

Acaba de publicarse a primeira gran enquisa electoral para as vindeiras autonómicas do un de Marzo. O resultado en escanos amosa unha perda de dous deputados autonómicos para o Partido Popular e o reparto destes dous entre os actuais integrantes do bipartito. A pregunta que titula este artigo non é gratuíta. En primeiro lugar, un resultado coma este podería indicar unha aprobación por parte dos galegos e galegas á xestión do goberno bipartito. Neste senso habería que destacar a fenomenal campaña de imaxe feita polo vicepresidente Anxo Quintana ó longo da lexislatura, evitando caer no típico segundo plano que fai que nun goberno de coalición todo recoñecemento se dirixa á figura do presidente. Nembargantes eu opino que tal aprobación podería non ser a forza que explique este alonxamento da dereita verbo da maioría absoluta. É evidente que neste blog puxemos certas críticas no senso de determinadas accións do goberno autonómico. Tamén é certo que a base socialista está moito máis que satisfeita co traballo feito. Pero aquí a clave reside naqueles electores non fieis. Eu penso que este impulso (polo de agora en precario e a moito tempo da verdadeira equisa, a de Marzo), este impulso dicía que pode deberse máis a un cambio estructural da poboación galega, a cal xa non ten esa tendencia conservadora; cambio que puido ser impulsado pola imaxe dun goberno de esquerdas por fin no noso país e sen apenas índices de inestabilidade (cousa que non sucede en moitos municipios) ou dito doutro xeito, esa perda do medo que sempre existe cando un se acostuma ó eterno presidente (Fraga, Felipe, da igual). De tódolos xeitos, isto nada máis que está comezando e durante a campaña podería darselle a volta a todo; aínda que a dereita se lle dan peor os "springs" non descarto novidades neste aspecto.



Enquisa La Voz de Galicia.

0 comentarios: