Rechazo do pleno ó plan de financiación do goberno

O goberno do nacionalista Raúl Francés no Porriño presentou unha operación de mercado que foi rexeitada polos grupos da oposición, salvo IdeP. Seguindo o que marcan as leis correspondentes, e tendo en conta a delicada situación financeira do concello, presentouse no pleno a venda de dúas parcelas aledañas ás zonas industriais. Esta venda vincúlase no tardío presuposto de 2008 ó financiamento dun número importante de obras. A valoración das parcelas feita polo equipo de goberno ascende a catro millóns de Euros, un máis que o recibido do estado polo plan de reactivación.

En xeral a necesidade de inversións foi ben recibida polos grupos (recordemos que os presupostos foron aprobados trala moción de confianza feita polo rexedor) pero non así a venda dos terreos. Os máis críticos resultaron o grupo socialista, quen considera a venda coma unha descapitalización do pàtrimonio municipal non adecuada para financiar inversións, e o grupo popular, o cal propuxo que se está a tempo de incluir o plan de obras nun novo presuposto valedero para este exercicio. Tamén houbo reservas acerca de unha posible infravaloración dos terreos. Estes sitúanse un en Budiño e outro en Pontellas nas inmediacións do futuro polígono industrial Oceanis, de promoción privada.

0 comentarios: