Os alcaldes de Cangas e de Moaña firmaron o protocolo para a posta en servicio, en tres meses, dun plan piloto ideado pola Xunta coa finalidade de subvencionar o billete do transporte de ría. A reunión tamén estaba convocado o rexidor vigués pero este ausentouse por motivos que non quedaron ben claros, según parece ser de axenda. Este plan piloto considérase a antesala do billete metropolitano para autobús, tren e barco; e que implica os concellos interesados da zona de Vigo. O obxectivo deste plan previo non é outro que a reducción do billete ordinario á metade do seu nivel actual, ante o perigo de desaparición do servizo que, según voces da empresa concesionaria Mar de Ons, vai a provocar a directiva europea de liberalización; directiva a cal implica que calqueira empresa pode entrar a competir polo transporte marítimo. A carga financeira para os concellos ascende ó 20% da transferencia á empresa operadora, o resto correrá por parte da Xunta. Por suposto o plan elevará o nivel de esixencia no tocante á calidade do servizo e número de frecuencias coa posibilidade de quedar fora da subvención en caso de incumprimento.


Incremento de prezos e competencia.

Xa apuntamos os motivos que esgrimiu a compañía Mar de ons no seu momento para ameazar coa supresión do servizo a Moaña. O certo é que agora que temos a Xunta poñendo en riba da mesa o plan piloto, e aproveitando a tal directiva de liberalización, apareceu outra empresa interesada en ofrecer o servizo Vigo-Cangas, trátase da buenense Illa de Ons a cal xa traballa na concesión para viaxar a illa do mesmo nome.

Para finalizar apuntar unha suba xeral de prezos para o transporte público. A noticia non se agocha baixo a suba en si mesma senón na súa cuantía e circunstancias. Por unha banda o billete rexional de RENFE subirá un catro por cento (o mesmo que o vai facer o salario mínimo sen embargo moi por riba da suba do IPC interanual). Por oura banda a propia Mar de Ons acaba de anunciar para o 1 de Febreiro subas dun 7% nos billetes e cancelacións de determinados bonos desconto, e todo isto apenas tres meses anta da posta en práctica do xa comentado plan piloto.

0 comentarios: