A bocaza da sra. misnistra.

Hai que dicir que inxustamente se lle está a facer unha persecución dende diversos medios de comunicación á ministra de fomento Magdalena Álvarez. Inxusta polas supostas neglixencias ás que directamente se refiren, ainda que pola súa bocaza o ten ben merecido. O sucedido na visita a Vigo de onte non ten parangón. A ministra pouco menos que tratou ós representantes da plataforma "Salvar o Tren", e ós moitos que estamos a favor das súas reivindicacións, coma paletos e ignorantes. Coma se non soubésemos de que estamos a falar. Pedir un servizo de cercanías non é incompatible coa alta velocidade nen, por suposto, un romanticismo de nostálxicos.

O eixo Coruña-Santiago-Vigo representa a liña con máis facturación de tódala rede ferroviaria galega e o tradicional rexional, que fai paradas en apeadeiros e vilas, resulta un medio de transporte fundamental para a vertebración do territorio; máis seguro, eficaz, ecolóxico e potencialmente máis barato que outro tipo de transporte. Porque esa é outra, non se fala de que alternativas se lles van ofrecer os usuarios que non teñan o pracer de vivir no centro de Santiago e que están acostumados a usar o tren coma medio de transporte. Todos queremos progresar e deixar de lado os "trens a 17 km por hora" pero unha ministra socialista debería amosar un pouquiño máis de respeto pola función que teñen os servizos públicos, sobre todo cando estes nen sequera son deficitarios.

0 comentarios: