¿Alguén sabe o que foi deles?

Con isto do tema do malogrado centro de interpretación das Gándaras veume a cabeza a situación do PP no Porriño. Porque ver a Manuel Carrera pedindo explicacións nos medios por esta desgracia sería algo así coma ver a Feijoó facendo o mesmo polo tema das concesións a AUDASA. Aínda así, ó pobre home non se lle ve o pelo (a Carrera claro). O tempo pasa, achéganse unhas novas eleccións autonómicas e o grupo popular do Porriño segue apenas sen vida. Recordemos a presencia testimonial de hai catro anos nos mesmos comicios. Enténdese que trala marcha de Xosé Manuel Barros da primeira plana electoral, e o xurdimento de certos partidos políticos independentes, sobrevenise unha época de incertidume na dereita porriñesa.

Eu creo que xa vai sendo hora de mirar para adiante e botarse a poñer propostas no pleno e nos medios, se é que as teñen. Porque se goberno hai más ben pouco, oposición tres cuartos do mesmo. Antes polo menos era todo máis divertido. ¿Acordádevos daqueles piques no pleno entre Barros e Raúl Francés (quen llo diría)? ¿Ou daquelas coplas mal dixeridas por algúns nos carnavais? ¡Que tempos! Xa nos parecen prehistoria, afortunadamente.

0 comentarios: