O tempo esgótase.

Tan só 13 de 62, é dicir o 21% dos concellos pontevedreses (Baiona, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Illa de Arousa, Lalin, Moaña, Mondariz Balneario, Poio, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vila de Cruces) fixeron os deberes e teñen solicitados e adxudicados proxectos do Plan de Reactivación da Economía posto en marcha o mes pasado polo goberno de Zapatero. Esta medida dotada con máis de 8.000 millóns de euros adxudica a cada concello a parte proporcional de fondo a súa poboación, no caso de Porriño 2.963.668€. No seu momento xa todos os cidadáns de a pé enteráramonos que eran medidas urxentes, e que por unha vez na historia no eido burocrático, ían ter uns prazos moi axustados para poñelas en marcha canto antes.

No pleno do 1 de decembro no Concello de Porriño xa o PSdeG trasladoulle ó alcalde e por extensión ó grupo de goberno a premura coa que se debían realizar as xestións, e Raúl Francés pouco máis fixo que dicir que el non sabía nada (cando a nova xa saíra en tódolos medios) e que si no BOE non estaba publicado nada a ver porque tiña que empregar internet para informarse e solicitar as subvencións. Ademais da súa alerxia as novas tecnoloxías tamén aproveitou para contestarlle que si tanto sabía sería grazas á información privilexiada do PSOE, todo isto en lugar de poñerse mans a obra.

Dende aquela xa pasou mes e medio, e polo menos, nos medios non hai maior novidade ó respecto, salvo o Faro de Vigo que informa do baixo ritmo de solicitudes dos concellos, e iso que en pouco máis de unha semana finalizará o prazo.

Sería imperdoable renunciar a eses fondos por inoperancia ¿ou quizáis será orgullo?

0 comentarios: