Eleccións municipais 2011 no Concello de Redondela

Fronte as tradicionais estructuras de PP, PSOE, BNG e máis os múltiples tipos de partidos autoproclamados coma independentes; as eleccións municipais de 2011 no concello de Redondela deixarán na memoria colectiva o éxito obtido por un movemento veciñal de carácter asamblario. AER son as siglas de Agrupación de Electores de Redondela quenes se definen do seguinte xeito no seu blog:

- Somos unha agrupación de electores, non un partido político.
- A agrupación é aberta, flexible, participativa e democrática.
- As asambleas son abertas a toda a cidadanía.
- As propostas poden vir dende calquera identidade ou cidadá/n.
- Non se farán pactos partidistas. Apoiaranse as propostas puntuais que cumplan cos nosos principios sen ter en conta o partido.
- Os nosos representantes no concello serán elexidos por asamblea. 

Obtiveron nas recentes eleccións municipais deste ano 2011 nada menos que 832 votos, os cales lle otorgaron un concelleiro que será chave na vida democrática do concello de Redondela, deixando a configuración política do seguinte xeito:

Redondela 2011
(fai click na imaxe para ampliar)


Veremos como discorre a vida municipal tras esta novidade no concello de Redondela, pero presumimos que de non facerse ningún pacto estable, tódalas decisións terán que ser máis consensuadas do que estamos acostumados, unha boa nova para a democracia.

0 comentarios: