Políticas de emprego e democracia

Cantas veces se oiu na rúa aquilo de "a min se o alcalde me enchufa...", explicando que ben o fai buscando emprego para os veciños. Eu pregúntome: Ben, a que prezo? Afiliación nalgún partido, promesa de voto, de estar a orde que se requira, etc. É triste que un goberno poida chegar a aproveitarse das necesidades da xente e desta forma, usando información coma o número telefónico da que non foi autorizada para tal. Pero moito máis triste resulta pensar que haxa traballadores que aproven tales conductas nuha democracia.

Do que non é consciente esta xente, aínda que o señor alcalde ou o señor concelleiro de turno andivesen a colocar traballadores sen pedir nada a cambio, que este tipo de conductas son as que verdadeiramente perxudican ós traballadores. A función dun alcalde é a de promover políticas de emprego, dialogar con empresarios, sindicatos e, por suposto, tamén traballadores; pero nun exercicio de liberdade para todos e todas, e non crear agravios comparativos simplemente porque no precisan de máis votos para manterse no poder.

0 comentarios: