O Porriño: Caciquismo 2.0

No día que milleiros de mozos e mozas paseaban ó longo da xeografía española pancartas co lema "Democracia real ya"clamando contra políticos e banqueiros, aquí no Porriño cerníase unha treboada en forma de nova, que non facía máis que poñer en negro sobre branco o que xa era un segredo a voces.

¿Qué opinión terán dun banqueiro metido a político? | foto Juanjo Zanabria Masaveu
Semellaba que facía falla que un periódico que non obedecese a intereses populares locais ou autonómicos nos petase nas retinas coa realidade da acción dos últimos 469 días de goberno pseudo-democrático (xa en anteriores artigos fixen fincapé no gravísimo retroceso democrático vivido na nosa vila dende a moción de censura).


"Empresas afines al alcalde de Porriño copan contratos municipales"


A nota de prensa de El País é tan clara coma documentada, cuantifica e apunta a quén foron dados eses cartos, cales son os parentescos ou relacións de Nelson ou seu equipo de goberno con estas empresas. Para mais datos, recolle as declaracións do Concelleiro responsable, Jose Manuel Jacobo, alegando que non repara na ideoloxía cando adxudica obras (ainda que máis que de ideoloxía, neste caso falamos de familiares e amigos) para rematar a brillante argumentación engade que os reparos que puxo o interventor municipal "los hubo siempre para dar y tomar".


469 días de severo deterioro da imaxe do PP local e da democracia


En apenas 15 meses confeccionouse unha lista forzada por parte dos "novos" populares axudados por Rafael Louzán, e que trouxo mais dunha liorta e a posterior renuncia dunha concelleira. Non houbo atisbos dos militantes mais históricos da formación e converteuse nun goberno paternalista, onde se di que o alcalde ofrece empregos, e chama por teléfono para felicitar os aniversarios, ou agora para invitar vía SMS ós mitins do PP a tódolos cidadáns que poidan. Para elo empregan comunicación vía móbil, aínda que non está moi claro de onde obteñen os números, posto que moitos veciños teñen recibido mensaxes sen ser simpatizantes do partido, o cal podería ser unha práctica claramente delictiva sobre o uso de datos persoais protexidos amparándose na LOPD, o numero reflictido nas mensaxes pertence segundo pesquisamos na rede a "Alianza Popular" no Porriño.

O candidato popular xa era un home moi coñecido na vila que non precisaba de mercar en forma de contratos municipais ou en postos de traballo os votos dos veciños, por iso que non entendemos e rexeitamos estas prácticas que críamos desterradas en pleno século XXI, e o feito de que ninguén mais renunciase da lista semella algo milagroso.

Contra o caciquismo (aínda que sexa 2.0) e contra os retrocesos democráticos vividos, o vindeiro 22-M vota!

Non todo vale na política, e a cidadanía está máis que farta.

0 comentarios: