O PP volve obter nos concellos do Porriño e Mos senda maiorías absolutas. Así pois, tanto Nelson Santos coma Nidia Arévalo repetirán coma alcaldes tras refrendar nestas eleccións municipais de 2011, e cunha participación elevada, os seus mandatos nos concellos do Val da Louriña, os cales deron lugar tras respectivas mocións de censura.

Justificar a ambos ladosAnálise do resultado electoral no concello do Porriño.
A participación no Porriño foi case cinco puntos superior á de fai catro anos pero inferior a de 2003. Confírmase que esta maior participación favorece á dereita, aunque tamén se pode observar un certo cambio estructural a favor dos grupos da esquerda, esencialmente ó BNG, que impide que esta movilización electoral lle dea ó PP as maiorías aplastantes da época de Xosé Manuel Barros.

O PP de Nelson Santos acadou o 57,13% dos sufraxios, o que supón un avance de 4,68 puntos respecto ó resultado dos grupos de centro dereita nos comicios anteriores. Os concelleiros acadados ascenden a dez, tal e como especulábamos nunha das tres hipótesis exploradas nun artículo recente, aínda que moi preto de acadar a undécima acta.

Batacazo socialista. O PSOE cae 4,72 puntos, acadando o 10,91% dos votos válidos emitidos. O tirón do seu candidato queda moi en cuestión ó non saber ou non poder reter votos ante a evidente situación de desgaste das siglas do PSOE na situación actual da política estatal. Os números son escandalosos, catro anos despois a lista encabezada por Iván Vaqueiro pasa de 1.629 a 1.156 apoios.

No BNG poderán dicir que mantiveron o tipo, ainda que estiveron moi preto de perder o quinto concelleiro. O certo é que a candidatura encabezada polo ex alcalde Raúl Francés retrocede 1,68 puntos quedando no 26,31%. Polo tanto a perda de votos en termos absolutos tamén afectou, aínda que en moita menor cuantía, ó BNG.

En resumen, victoria aplastante do PP de Nelson Santos, quen convence ó seu electorado de base a pesares das noticias sobre presuntas irregularidades en contratos municipais aparecidas a semana pasada. O PP é unha máquina de facer votos no Porriño e somentes o BNG semella, en termos de eleccións municipais, ter capacidade para afrontar o reto de romper esa superioridade. No PSOE teñen moitas contas que facer, pois hai moito votiño de xerais e autonómicas que se lles está a escapar, e non somentes ó BNG.

Análise do resultado electoral no concello de Mos.
Elevada participación en Mos, aínda que lixeiramente inferior á de fai catro anos ó baixar pouco máis dun punto. Posiblemente o caso de Mos estea máis normalizado no tocante á quen beneficia os movementos na participación, xa que a tónica xeral nos leva case sempre a pensar que a movilización favorece ós partidos de esquerda e viceversa.

O certo é que a pesares do xeito tan poco ortodoxo no que Nidia Arévalo accedeu e se mantivo no poder, cunha moción de censura apoiada por un tránfuga do PSOE e tras deixar de pertencer "de facto" ó PP por renuncia de conveniencia, o pobo de Mos refrendou a súa xestión na alcaldía. O resultado acadado foi 11,08 puntos superior que nas útimas eleccións quedando no 55,49%, suficiente para obter 10 actas de concelleiros.

Compre dicir que nestes comicios a desaparición de calqueira tipo de grupo independente fortaleceu a concentración do voto no PP de Nidia Arévalo, pero isto non explica por si mesmo a maioría absoluta. O PSOE, encabezado pola ex alcaldesa María Jesús Escudero, caeu 2,96 puntos quedando no 27,41%; pola súa banda o renovado BNG baixou 4,52 puntos quedando no 15,02% dos votos válidos emitidos.

A eiva dos grupos de esquerda resulta moi similar tanto no concello de Mos coma no de Porriño, aínda que en Mos sempre moito máis preto de gobernar que no concello da parte baixa do Val da Louriña.

0 comentarios: