DENDE O SEIXO, POR LOURIÑA_ON

Como saberedes esta semán hai folga xeral en España. Convocada por mútiples sindicatos e confirmada polas principais organizacóns obreiras do país (CIG, CCOO e UGT); ven sendo a primeira convocatoria que se lle fai ó novo goberno de Mariano Rajoy. Isto tendo en conta o discreto éxito acadado das últimas dúas convocatorias, celebradas os dous anos anteriores.

Efectivamente as folgas xerais co PSOE no goberno non resultaron exitosas, nin en seguimento, nin en trascendencia política. O certo é que a reforma laboral 2011 se levou adiante e supuxo un bo preludio da reforma laboral 2012, acicate da actual convocatoria.

Algunhas voces comenzan a visualizar a manida tese de que ós sindicatos lles resulta máis doado organizar unha folga cando manda ó PP que cando manda o PSOE. Por cuestións de posicionamento ideolóxico é indubidable. Pero se analizamos os datos históricos veremos como as folgas xerais dos anos oitenta nunca foron superadas polas feitas en contra da reforma laboral (que se veu en chamar decretazo do PP) cando gobernaba J.M. Aznar.

Polo tanto deberemos reflexionar. Seguramente existan razóns de peso para pensar que esta folga non é unha reacción á maioría absoluta do PP e poida estar lexitimada incluso por un sector dos propios votantes de Mariano Rajoy. Son necesarias estas medidas? Se o son por algún motivo, responden ás necesidades máis urxentes? Non son necesarias nin polo de agora nin nunca? Estas son cuestións cun determinado alcance ideolóxico, pero tamén técnico.

0 comentarios: