O Porriño en busca de bandeira e máis novo escudo

Segundo informa o Faro de Vigo, no Porriño se van a por en marcha as xestións oportunas para dotar á corporación dun escudo e dunha bandeira de xeito definitivo e oficial. Isto é así porque os emblemas utilizados polas anteriores corporacións nunca chegaron a ser aprobados polos organismos correspondentes da Xunta de Galicia e, polo tanto, a súa utilización somentes se pode calificar coma oficiosa.

Se mirades na nosa páxina de facebook poderedes visualizar unha galería de escudos compartida por xentileza de Quico Paz Antón dende o seu perfil. Nela se poden observar algúns dos escudos utilizados polo concello do Porriño dende o século XIX. Claro que para iso tedes que suscribirvos a nosa páxina, sempre e cando teñades perfil personal en facebook..., que xa vai sendo hora!

0 comentarios: