DENDE O SEIXO, POR LOURIÑA ON

Tempos de austeridade, nos din. O certo é que coa teima parece que teñamos que deixar de vivir en paz. Cando un bota unha ollada de paxaro entón se da conta de que non, iso da austeridade ao final vai para quen a entenda coma a queira entender.

O centro cultural é un recurso público, as persoas teñen todo o dereito do mundo de usar os recursos públicos, máis se o fin non é outro que promover o traballo a través da cultura e o talento. O poeta local Brais Ocampo recibiu a negativa dende o concello do Porriño para presentar o seu novo libro Tu piedra mojada no centro cultural municipal.

Menuda xestión cultural. Resulta incomprensible que sexa un poeta o que teña que andar detrás dos políticos para que lle confirmen ou non un dereito que ten coma cidadán e poeta que é; o de presentar o seu libro na súa vila. Cando tiña que ser precisamente o revés, o poeta a escribir e os veciños que agora lles toca dirixir o concello, ser conocedores do valor cultural que temos no Porriño e promocionalo.

0 comentarios: