A tiros polo aparcamento de Pontellas

Novamente, o Concello e parte da oposición, se tiran os trastos á cabeza nunha inversión municipal. Referímonos á compra do terreo que permitirá construir un aparcamento para a Igrexa de Pontellas.

Se durante as últimas semanas, víamos a loita mediática entre goberno e PP, IdeP e CxP pola compra dun terreo en Pontellas para a construcción do demandado aparcamento da Igrexa de Pontellas, agora o PSOE deu unha volta de torca máis a situación ó pedir a goberno e o resto dos partidos, que fagan un esforzo de consenso sobre esta actuación, quizáis a nota de máis sentido comón dos diferentes comunicados entre goberno e CxP.

Se seguimos o que din os técnicos, a valoración do terreo se fixaba en 72.000 euros, mentres que o prezo de compra final, era de 60.000 euros, polo tanto, 12.000 euros menos. A compra, sen embargo, apoiada por PSOE e BNG, non obtivo os votos necesarios para sair adiante.

¿ As razóns? Electoralismo, prezo fora de mercado, falta de diálogo. O caso é que o tema non se aprobou, e unha demanda da parroquia de Pontellas ve así truncada a súa realización.

Fan ben os socialistas en pedir máis diálogo, guante que deberían recoller todos os partidos da corporación, que en vez de tirarse os trastos, deberían, polo ben común, non frustrar os esforzos da Comunidade de Montes de Pontellas, das poucas que fan ben o seu traballo.

0 comentarios: