A nova Xunta xa non quere ampliar Rande

Así é, parece un titular dramático, os do bipartito xa teñen leña para encender a fogata do agravio en inversións para Vigo e tal. Se o pensas ben, para que facer unha inversión de tal calibre se xa temos en marcha unha autovía entre Vigo e Pontevedra máis o novo eixo ferroviario? Tan pouco creían os do bipartito no potencial do tren de alta velocidade? Toda unha revelación, xa poden estar calados cando se fale das obras do AVE.

Por certo. Como se poden propoñer a estas alturas e nun país desenrolado proxectos públicos de quita e pon? Onde están os estudios custe-beneficio que avalan tales investimentos, incluidos o AVE e as novas autovías? Mirádelos? Alguén se da conta de que se está priorizando o aspecto político fronte o técnico á hora de solucionar problemas concretos? Que temos edificios en ruinas antes de ser inaugurados!

0 comentarios: