Rexurde o PSOE??

Últimamente asistimos na prensa a unha multiplicación das aparicións en prensa do grupo socialista, que parece ter collido o pulso da oposición, desaparecida case na súa totalidade por inoperancia dende a fracasada moción de confianza do verán de 2008.


A proposta de inversión con cargo ós fondos do Plan E, a crítica pola xestión do novo PXOM adxudicado polo goberno local a Visier Abogados (única empresa licitadora), o seu triunfo ó defender a irregularidade da recalificación de terreos en Cans apoiada polo BNG á empresa Rojo de Jove que a Xunta de Galicia tumbou, ou a consecución de financiación para a obra do novo paseo do Louro por parte do Estado, a certera crítica ó Concelleiro de Obras sobre o mentemento dos polígonos industriais, así como unha maior presencia cos colectivos veciñais e sociais, fan especular sobre o novo impulso que os socialistas do Porriño parecen pretender coller.


Falta lles vai facer nun escenario complexo ante os vindeiros comicios locais. Acosados por un BNG que os tentou levar o ostracismo tra-la ruptura das negociacións cos socialistas, parece que o PSOE tenta recuperar o fío da oposición multiplicando as súas aparicións, iniciativas, reunións veciñais, etc... co ánimo de gañar confianza da cidadanía a través dunha crítica dos erros que comete o BNG no goberno local.


Outro dos acertos dos socialistas é a súa colaboración co resto dos grupos da corporación, en especial con IdeP, o que lles otorga unha posición de forza ante o goberno, en canto suman inquedanzas ( a pesar das distancias ideolóxicas) e iniciativas pòlíticas conxuntas en clave local. Os socialistas souberon con confianza e apoios, chegar a posicións de entendemento cos independentes baseados en plantexamentos realistas e de interese municipal, o que reforza a súa posición, fronte a un goberno que baseou a súa xestión política na marxinación da institución plenaria.


De especial interese é o listado de obras plantexado polos socialistas para o novo Plan E aprobado polo Goberno Central. Efectivamente, a súa validez, como afirma outro articulista desta Tribuna, pode quedarse nada, dado que é o goberno o que ten as competencias para aprobar o listado de obras. Pero cometería un grave erro o goberno local se desestimase todas as obras propostas polos socialistas, que aseguran, parten do consenso social e cidadán. Actuar tan só movido polo interese partidario, pode escorar ó goberno a posicións menos participativas e alonxadas da realidade, algo comprensible na lóxica partidaria, pero nunca na institucional, onde o diálogo e o consenso deben ser a praxe habitual.


En todo caso, sí podemos dicir que os socialistas, parecen ter superado os seus complexos e dúbidas nos que se sumiron tras a saida do goberno, e parecen instalarse na verdadeira posición de liderazgo da oposición local ó goberno. Cal será o resultado desta nova posición, terá que verse nas vindeiras eleccións.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Idas e compromiso entre tódolos políticos do porriño, iso é o que falta.

Anónimo dijo...

Pois o carallo é que a min me dixeron que iván o quere deixar. Eu creo que antes fará pupa e espero que recapacite inda que para él será a súa terceira tunda.

Anónimo dijo...

É veterano pero non deixa de ser un chaval todavía, quizais un descanso para volver con máis pulos dentro dalgún tempo...

Anónimo dijo...

Pero non ten trinta e tantos anos xa? Un chaval xa non é.... Cando se presentou si que era un rapaciño, pero agora velo e xa non o é. Mágoa se o quere deixar, porque penso que agora, con máis anos e experiencia penso que a xente sí que o votaría.

Anónimo dijo...

Estamos a falar de política, non de fútbol. ¿Canta xente dende 1979 se proclamou alcalde, presidente da Xunta ou presidente do goberno con menos de trinta anos? Nin que a idade de xubilación se retrasara ós corenta! ¿Que carallo? A ver, ¿Cantos anos teñen os concelleiros do Porriño? Porque creo que Iván é o segundo máis novo e moi lonxe da media... Ademáis ó rapaz se lle ve en moi boa forma, será que tes envexa.