Pleno sobre a variante do paso a nivel no Porriño


Onte tivo lugar no Porriño unha sesión plenaria para acordar unha resolución contra o Ministerio de Fomento polo trato ó Concello respecto do tema da nova variante ferroviaria e o trazado do AVE.

Despois de máis de 20 anos solicitando a supresión do paso a nivel, agora parece que a ninguén lle gusta. ¿Por qué? ¿Porque fose un só partido político o que levase a cabo as negociacións pertinentes? Agora semella que o de menos e acadar tal proxecto, tan positivo para Porriño.
O que lle pedían a Fomento era que viñese a facer a proposta sobre o terreo, que a contrastaran cos técnicos municipais e veciños, que os proxectos non se poden facer sentados nunha oficina en Madrid. Agora vai resultar que hai que soltar ós enxeñeiros cunha cinta métrica campo a través discutindo cos veciños ós que lle atravesa a leira a nova infraestructura. Evidentemente o de falalo co Concello non está de máis.
Case tódolos partidos, excepto o PSOE estaban segurísimos que había unha alternativa mellor a que propón Fomento, pero ninguén soubo decir porque non vale esta proposta, e moito menos propor unha nova alternativa, todo foi palabrería demagóxica, todos estaban a favor dos veciños, pero o máis triste de todo e que nin sequera sabían qué reivindicaban as 1500 firmas veciñais que achegaron ó pleno, isto provocou que tiveran que andar a emendar o texto da resolución. Todo cheiraba a unha pataleta, que as eleccións están á volta da esquina e iso conta, e polo visto máis que o interese xeral. Xa van máis de dous meses e medio dende a publicación do proxecto no BOE e semella que non se lles ocurriu nada mellor que solicitar máis tempo a Fomento, incluso no borrador inicial se fixaban 6 meses de ampliación do plazo.
Mención aparte merece a intervención de Gonzalo Ordoñez, que se erixiu en adaíl do pobo cas súas propostas. Xa dixera el, hai anos, que a solución era soterrar a vía dende O Cerquido ata os Valos, 15 quilómetros de vía en túnel para eliminar un paso a nivel, iso e cabeza, si señor. E se non se levara a cabo era porque estabamos en Galicia, se isto fose Cataluña sería distinto, atreveuse a afirmar. Tamén falou do impacto visual, da ruptura de Torneiros en dous, e doutros temas que segundo a alternativa proposta pouco teñen que ver ca realidade. Incluso chegou a comparar a situación do goberno local coa situación política no Ulster.
Para quen non o saiba, o trazado alternativo que propón Fomento discorre a beira da A-55 á súa mesma altura, é dicir, que non rompe nada, e calquera dos impactos que poida ter son os mínimos. As expropiacións serán mínimas posto que ocupa terreos xa afectados pola propia autovía. Pero aínda así todos estaban convencidos de que é necesario 6 meses para estudiar o tema. O moi pouco ven, ou as urnas pesan mais que o interese xeral.
Ninguén mencionou a construcción en Torneiros dunha estación intermodal de tren e autobus, ninguén dixo que Porriño iba a quedar conectado con Vigo en tempos inferiores a 10 minutos, fronte ós 30 ou máis actuais. Semellaba que había moito enxeñeiro no pleno, pero pouco senso común.
Evidentemente que por algures terá que pasar a liña, o que non se pode facer e dicir que afecta ós veciños, pois claro, coma calquera infraestructura de nova creación, o realmente importante e que esas persoas con propiedades afectadas, reciban un bo prezo pola expropiación, por iso é polo que hai que loitar, entre outras cousas.
O que vai propiciar este novo emprazamento e que o casco urbán do Porriño e Torneiros non sexan separados polas vías, que dunha vez por todas se poidan conectar por medio de rúas e parte do espacio sexa ocupado por zonas verdes e servicios.

En fin,
¡Que viva o paso a nivel!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Fantástico comentario. Por fin alguén fala deste tema con sentido común.

Anónimo dijo...

Arrasais dos municipios y os quedais tan contentos, todo porque los señoritos de Porriño CAPITAL estén contentos con su avenida. Meteis todo en el centro y nos despachais a los de parroquias. Los gallegos no necesitamos tren de alta velocidad pero sí mercancías y cercanías.

Anónimo dijo...

Lo de meter todo en el centro es bastante discutible, puesto que la nueva estación intermodal (tren + autobus) se ubicará en Torneiros.

Lo de que los gallegos no 'necesitamos' alta velocidad es una opinión que no comparto, y las redes de cercanías están en estudio.

Anónimo dijo...

Se as redes de cercanías están en estudio, iso quere dicir que o estudio informativo que presentou fomento deixa moito que desexar, posto que considero que é moitísimo máis importante e prioritario o desenrrolo dunha rede de cercanías e non unha vía que una O Porto con Vigo, posto que unión ferroviaria con O Porto xa existe, pero unha rede de trens de cercanías que dea frecuencias e reduza tempos na área metropolitana non.

Franacmente se Fomento non se pon as pilas, estas infraestructuras van ser a ruina dos veciños da Louriña.